Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004133
Clasificación Genérica Epigrafía; Metais
Objeto/Documento Tabula
Título Tabula hospitalis de Castromao
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Gravado
Dimensiones Anchura = 23 cm; Grosor = 0,40 cm; Altura = 31 cm
Descripción Placa rectangular con marco moldurado e cun apéndice a modo de lingüeta na parte superior, na que se recolle un pacto de hospitalidade entre os coelernos e un prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos.
Inscripciones/Leyendas Anverso, Gravado, latín, Capital
G(neo) IVLIO. SERVIO. AUGURINO. G(neo) TREBIO. SERGIANO. CO(n)S(ulibus). COELERNI. EX-HISPANIA. CITERIORE CONVENTUS. BRACARI. CVM. G(neo). AN TONIO. AQUILO. NOVAUGUSTANO. PRAEF(ecto). COH(ortis). I. CELTIBERORUM. LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOS PITIUM. FECERUNT. G(neus). ANTONIVS. AQVILVS. CUM. COELER NIS. LIBERIS. POSTERISQUE. EORUM. HOSPITIUM. FECIT. LEGATUS. EGIT P(ublius). CAMPANIVS. GEMINVS. (Sendo cónsules Gneo Julio Augurino y Gneo Trebio Sergianio, os Coelerni da Hispania Citerior e do convento de Braga, fixeron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos cos seus fillos e descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo pacto de hospitalidade cos Coelerni, cos seus fillos e descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Gémino.)
Datación 0132
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Uso/función Documento público / Jurídica
Lugar de Procedencia Castromao ( Castromao, Celanova)
Lugar Específico/Yacimiento Castro de Castromao
Clasificación Razonada Documento de extraordinaria importancia para o estudo da organización social e do proceso de romanización do noroeste peninsular. De forma inexacta vénse denominando tessera de hospitalidade, cando tanto pola forma como pola función responde a unha tabula de hospitalidade. Morfoloxicamente as tesseras son de pequeno tamaño e formas variadas: xabaril, peixe, golfiño, mans entrelazadas etc; mentres que as tabulae, de formas laminar, rectangular ás veces rematadas en frontón triangular como a do Courel ou as de Vila Nova de Gaia, son de maior tamaño e peso. No que respecta á súa función, as tesserae teñen o cometido de identificar ás partes que interveñen no pacto, a modo de documento de identidade, de aí o seu carácter portátil facilmente transportable, fronte á tábula que serve para dar fe pública da relación que se establece, e como tal é custodiada nun edificio público, nun lugar visible para todos os membros.
Sábese que este pacto tivo lugar no ano 132 d.C. porque este ano corresponde aos cónsules que aparecen nel: Gneo Julio Serio Augurino e Gneo Trebio Sergianio, posto que en Roma os anos datábanse co nome dos cónsules elixidos cada ano.
O pacto que se establece é un hospitium, acordo de amizade entre os coelerni e un individuo, G. Antonius Aquilus.
Bibliografía BALBÍN CHAMORRO, P. Hospitalidad y patronato en la Península Ibérica durante la Antigüedad. Salamanca (m): Junta de Castilla y León, 2006. pp. 195-196 e 270.

DOPICO CAÍNZOS, M. D. Las Tabulae Hospitales. Revista de Arqueología. 1997, nº196pp. 30-39.

FARIÑA BUSTO, F. Castromao, Castro Mao o Coelibriga ( Castromao ). 1980. pp. 166-177; Arqueología, 79.

FARIÑA BUSTO, F. Castromao. 1981. p. 196; Arqueología, 81.

FARIÑA BUSTO, F. Castromao. 1983. p. 223; Arqueología, 82.

FERRO COUSELO, J. Breve reseña del Museo. Boletín Auriense. Ourense (l): 1971, I. pp. 301-302.

FERRO COUSELO, J. Guía abreviada del Museo Arqueológico y de Bellas Artes de Orense. Boletín Auriense. Ourense (l): 1974, IV, pp. 199-237. p. 209.

FERRO COUSELO, J; LORENZO FERNÁNDEZ, X. Excavaciones en el Castromao, Celanova (Ourense). Noticiario Arqueológico Hispánico, Prehistoria. Madrid: 1976, 5. pp. 349-354.

FERRO COUSELO, J; LORENZO FERNÁNDEZ, X. La tessera hospitalis del Castromao. Boletín Auriense. Ourense (l): 1971, I. pp. 9-18.

GARCÍA ROLLÁN, M. Hitos importantes en la excavación de Castromao (Caeliobriga). Boletín Auriense. Ourense (l): 2004, XXXIVpp. 9-14. p. 12.

NIETO MUÑIZ, E. B. Novo aspecto da tabula hospitalis de Castromao. Boletín Auriense. Ourense (l): 2002, XXXIIpp. 53-76.

NIETO MUÑIZ, E. B. A tabula hospitalis de Castromao. 2002. pp. 6-12; Onde o mundo se chama Celanova, 30.

ORERO GRANDAL, L. Castromao (Celanova, Ourense). Brigantium. Coruña (A) (l): 2000, 12. pp. 179-185.

ORS, A. El cónsul Augurino de la tabla de Castromao. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1973, pp. 244-247; XXVIII.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Aquae Flaviae. I. Fontes epigráficas. 1987. Cámara Municipal de Chaves, Chaves, Portugal.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Tábula de Castromao. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 01/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_01_gal12.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VV.AA.. Los bronces romanos en España. Catálogo de la exposición. Madrid: Ministerio de Cultura, 1990. p. 175.

VV.AA.. Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense. Ourense (l): Xunta de Galicia, 2017. p. 111.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 82-86; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6